Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN NOVO TRAMO DO PASEO DE VIGO ESBORÁLLASE POLA PROFUNDA CORROSIÓN
A zona está valada, chea de lixo e sen reparar dende o accidente de agosto no que resultaron feridos 467 asistentes a un concerto do festival O Marisquiño.

Nove meses despois do accidente no que resultaron feridos 467 asistentes ao concerto do rapero mallorquino Rels B en As Avenidas, o escenario do desastre segue acordoado por mar e por terra, cheo de restos de sucesivos botellóns, sen reparar e cada vez máis esnaquizado. Un cartel suxeito ao valo metálico anuncia o nome dunha empresa e os turistas que desembarcan de cruceiros nas inmediacións fan fotos da estampa dantesca. Onte pola tarde, un novo tramo duns 10 metros do paseo marítimo de Vigo, contiguo ao que se tragou a auga no accidente do festival O Marisquiño, esborrallouse á luz do día;esta vez sen feridos, porque está pechado ao paso. Con todo era unha hora habitual de tránsito no porto deportivo, e o instante da caída puido ser gravado por algún paseante que sacou o seu teléfono alertado polo preludio de renxidos que anunciou o estrondo final.


Paloma González González 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-05-2019 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal