Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sobre filmar na lingua propia

A foresta e as árbores son oito ensaios de oito autoras
diferentes que reflexionan sobre un feito cadora menos
inusual: realizar filmes en lingua galega. Porque a foresta e
o cinema en galego e as árbores son os filmes en galego.
Coordinado pola catedrática e cineasta Margarita Ledo, o
volume é o segundo número da colección Pantallas da
editorial Galaxia.
“En A foresta e as árbores adentrámonos na análise dunha
mostra representativa de filmes que, en presente,
constrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da
cultura”, escribe Ledo Andión no Prefacio, “producir
películas na lingua propia de Galiza”. O tema atravesa de
maneira transversal os episodios do libro, escritos por
investigadores e profesoras vencelladas á Universidade de
Santiago de Compostela.


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-05-2019 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal