Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Salvaterra estrea as súas termas a carón do río Miño
O recinto de 3000 metros cadrados inclúe catro pozas de augas declaradas mineiro-medicinais.

O concello de Salvaterra do Miño abriu onte ao público as súas termas situadas na parroquia de Oleiros declaradas mineiro-medicinais.

A instalación, situada en Teáns, está integrada por catro pozas termais de baño:

Tres grandes de aproximadamente 140 metros cadrados e unha profundidade de 0’60 metros

Unha poza pequena de aproximadamente 30 metros cadrados e 1’40 metros de profundidade, e augas que posteriormente verten no río Miño

As terras de Salvaterra contan con autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e da Consellería de Medio Ambiente. O seu recinto conta cun total de 3000 metros cadrados entre instalacións e zonas verdes, ademais dun parque público.

As termas están abertas desde o xoves 16 de maio e poden visitarse todos os días, agás os luns que pecharan para o seu mantemento de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

O goberno local pretendía abrilas o pasado outono pero non foi posible ata esta primavera. O deseño destas termas aseméllase ás romanas, e con elas o goberno local quixo recuperar unha zona de augas termais, usadas tradicionalmente dende fai varios séculos e que desapareceron.


Noa Varela Varela
4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-05-2019 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal