Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A guerra comercial entre China e os EEUU axita os mercados no continente asiático
Bandeiras de China e EUUU
China e os EEUU continúan combatindo na súa guerra comercial. O enfrontamento económico converteuse nunha disputa máis ardua e prolongada do que se calculaba ata hai un par de semanas, antes da última escalada, os mercados continuaron o martes pasado a súa traxectoria descendente. A pesar das aclaracións de ambos territorios para lanzar unha mensaxe de tranquilidade e temperar os ánimos.  


Dende Moscova, o ministro de exteriores e o conselleiro de Estado chinés, Wang Yi, subraiaron que aínda existe esperanza de resolver o conflito de modo amistoso e recordaba que nas súas once rondas de negociacións, os dous países lograron progresos substanciais.  


En Washington, o presidente estadounidense, Donald Trump, anunciaba que terá unha reunión co seu homólogo chinés, Xi Jinping, no próximo mes en Osaka, cidade xaponesa, durante a cume do G20.  

 

Pero a guerra comercial entre os dous países continúa en escalada. China anunciou a pasada noite a imposición de aranceis entre o 10% e o 25% a produtos que importa de EEUU por valor de 60.000 millóns de dólares, e que oscilan dende alimentos a xoiería.     Esa medida prodúcese como resposta a decisión de Washington de elevar a súas tasas as importacións chinesas por valor de 200.000 millóns de dólares. Pola súa parte, a oficina do representante para Comercio Exterior estadounidense, abriu unha consulta pública, ata o 17 de xuño, sobre a posible imposición de aranceis a outros produtos de orixe chinesa por valor de 300.000 dólares.

 

Segundo o presidente estadounidense, Donald Trump , China adoptou unha retórica e desafiante e subraiou que se atopa nunha larga guerra de trincheiras económicas. Wang Yi insiste en que o xigante asiático non cederá no que consiste nos seus principios fundamentais na negociación; “a soberanía do país, os intereses e a dignidade do pobo”.   



Lucía Nieto Cancho

1ºBacharelato B/Nº5

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-05-2019 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal