Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mato promete un paseo litoral entre Oza e A Pasaxe


A presidenta do PP local coruñés e candidata á alcaldía, Beatriz Mato, anunciou onte que, dentro do seu proxecto compartido de cidade, pretende completar o paseo marítimo creando un gran parque litoral que conectará a dársena de Oza co paseo do Burgo, baixo a ponte da Pasaxe.O proxecto, segundo a política do PP, «recolle accións e operacións de alto compoñente ambiental que xerarán unha ampliación, mellora e reestruturación de zonas verdes, áreas de lecer e equipamentos públicos».

O proxecto, engade a candidata, daría pé á implementación dun transporte marítimo estacional de carácter turístico no golfo Ártabro e servirá de soporte a novas actividades náutico-deportivas e mellora dos equipamentos existentes, con especial relevancia para a xa anunciada Escola do Mar. Ao mesmo tempo, o novo tramo de paseo marítimo contribuirá á recuperación do tradicional núcleo de poboación das Xubias.

Paula Vázquez 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2019 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal