Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Buscan na ría ós ocupantes dun coche que apareceu baleiro na ponte de Rande

Varios servizos de emerxencia participaron no operativo que por ahora non deu resultados.

A aparición na madrugada dun vehículo parado na ponte de Rande sen ninguén dentro activou as alarmas. Varios servizos de emerxencias participan dende o domingo pola mañá nun operativo de busca ante a posibilidade de que os ocupantes do coche estivesen no mar.

O 112 Galicia recibiu sobre as tres da madrugada avisos procedentes de chamadas de varios particulares que alertaron da presenza dun coche que estaba parado e acendido na ponte da AP-9, no que non había ninguén dentro. Ante a posibilidade de que as persoas estivesen no mar, o 112 deu aviso a Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia; e tamén colaboran a Garda Civil e a Policía Nacional.

Salvamento Marítimo despregou o helicóptero Pesca 1 e sobrevoou as localidades preto da ponte por Redondela, Chapela, Domaio, Vilaboa e Meira sen resultados.


Noa Varela Varela
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2019 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal