Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREOCUPACIÓN POR UNHA ONDA DE COMIDA CON ALFINETES PARA CANS EN OURENSE
Os veciños do barrio da Ponte, en Ourense, están escandalizados tras atopar nalgúns parques da zona e baixo as vías do ferrocarril alimentos punzantes, que teñen como obxectivo ferir, e mesmo provocar a morte, a cans e gatos.
Segundo apunta o diario A Rexión, a Policía Local da cidade advertiu deste feito despois de que un grupo de veciñas salvase a un can dunha morte case segura ao lograr quitarlle da boca un anaco de xamón que contiña un enorme cravo.
Pero lonxe de que a situación mellore, parece que vai in crescendo. E é que as autoridades locais han anunciado que se atoparon máis cebos, polo que recomendan extremar a precaución á hora de sacar aos animais á rúa, estando pendentes deles de todo o que collan do chan.
Os axentes teñen previsto ampliar a procura ao resto do centro urbano, sobre todo aos parques públicos. Pola súa banda, a exdirectiva de Progape en Ourense, María do Campo, lembra que, ata ese momento, na cidade non se deron casos similares.
Con todo, si que se deron casos de inxesta de velenos, puntualizou. Deste xeito, o Concello anunciou que tratará de evitar máis casos como os ocorridos nas pasadas semanas e que extremará as medidas.



ALBA MILLÁN BORRAJO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-05-2019 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal