Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O libro galego entrega os seus premios anuais na súa gran noite

A IV Gala do Libro Galego premiou, recoñeceu e tomou o pulso a
ese universo amplo e diverso que xira en torno ao libro en
galego. Foi en Compostela, no Teatro Principal, onde non
faltaron os discursos e apelacións a favor da liberdade de
expresión, de defensa da lingua e cultura propias do país ou da
necesidade de medios en galego.
O Teatro Principal de Santiago de Compostela volveu acoller este
sábado unha nova edición dos Premios Gala do Libro Galego, a
cuarta, un acto na que se deron a coñecer as obras
gañadoras desta iniciativa convocada conxuntamente pola
Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a
Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías
de Galicia (FLG). Estes premios son un recoñecemento, salientan
as organizadoras, á diversidade e excelencia do traballo realizado
no ámbito editorial ao longo do ano 2018 no noso país.


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2019 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal