Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O selenio está nos complexos vitamínicos
Certos elementos químicos, como o osíxeno e o ferro, resúltannos familiares. Os nomes que os designan son de uso cotián. Pero o normal é que da maioría non tivésemos noticia, salvo nas aulas. O  selenio (Se), por exemplo, é un gran descoñecido. Quizais vimos o seu nome na formulación dalgunha loción ou champú, ou soubemos do seu uso en electrónica para facer rectificadores de corrente no pasado. E pouco máis.

Foi descuberto en 1817 polo barón sueco  Jakob Berzelius, considerado un dos pais da química moderna, e o seu colega e socio Joseph  Gottlieg Gahn. Producían acedo sulfúrico na fábrica da que eran propietarios, e utilizaban para iso  pirita procedente da mina de Falun. A mina é moi coñecida porque se comezou a explotar ao redor do ano 1000 e desde entón proporcionou o 75 % do cobre consumido en Europa ata 1998, ano en que se clausurou ao deixar de ser rendible. Tres anos despois a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.

O proceso de produción do  sulfúrico deixaba o que se denomina un precipitado (restos sólidos) de cor vermella que, ao principio,  Berzelius pensou que era un composto de arsénico. Pero o seu cheiro lembraba máis ben a outro elemento, o  telurio, que fora descuberto en 1782 e co que ten certa semellanza. Por esa razón, e porque ao elemento descuberto 35 anos antes nomeóuselle facendo referencia ao nome latino de  Tellus (Terra), ao novo elemento Berzelius denominouno Selenium, por referencia a Selene, nome grego da deusa que personificaba á Lúa.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar

1°Bacharelato A/N°13


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2019 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal