Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Dépor loita polo ascenso
O Real Zaragoza volveu perdoar, algo habitual no seu estadio, e acabou sendo vítima da lei do fútbol que di que o que perdoa paga. O Deportivo aproveitouse diso e volve soñar con disputar a promoción de ascenso.

O Dépor buscaba en Zaragoza romper varios refachos da tempada, entre outras, enlazar dous partidos consecutivos gañando fóra de casa. E fíxoo apostando de inicio pola continuidade respecto a o visto en Soria hai unha semana. A ausencia obrigada de Somma por sanción e o único cambio de Saúl por Cabalo foron os movementos realizados por José Luis Martí na búsqueda do pleno de vitorias.

Por contra, ao Real Zaragoza a derrota enturba unha vez máis o futuro dun equipo aragonés que segue empeñado en xogar con lume e que perdeu unha gran oportunidade para dar un longo paso cara á permanencia nun partido no que foi superior ao seu rival na segunda metade pero no que, como xa vén sendo habitual, non aproveitou as oportunidades que tivo.

Ao Real Zaragoza atragántaselle xogar no seu propio estadio como demostra ao ser o segundo peor equipo en casa con só seis vitorias en 18 partidos disputados.



Rodrigo Míguez Fernández

1°Bacharelato B/N°3

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2019 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal