Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Met Gala 2019
Anna Wintour editora xefe de Vogue USA
Presidida dende 1995, pola editora xefe de Vogue USA, Anna Wintour, a Gala Met converteuse nunha celebración de alta costura a que asisten algunhas das estrelas máis afamadas do mundo, constituíndo un evento cuxa finalidade e recadar fondos para o Instituto do Traxe do Museo Metropolitano de Arte e a súa exposición anual. A Met Gala é a fonte de recursos máis importante para o Costume Institute, o único departamento do museo que necesita financiar as súas propias actividades.


O tema da edición correspondente ao ano 2019 e celebrado no Museo Metropolitano de Arte no Upper East Side de Nueva York, o pasado luns seis de maio , estaba inspirado no ensaio da escritora Susan Sontag, Notes on Camp, publicado en 1964. No que  a escritora definiu a esencia do campamento e o seu amor polo antinatural. Ilustrando de forma eficaz as notas de Sontag, a exposición promeveu un diálogo creativo e crítico sobre o curso e sempre cambiante impacto do campamento na moda.


A exposición contou con aproximadamente 175 obxectos de moda, esculturas, pinturas que versaban dende o século XVII ata o presente. Abarcando Versalles e as cortes reais de Luis XIV e Luis XV ata as estrambóticas subesculturas de Europa e América de finais do século XIX e principios do XX. E como copresidentes da noite con Lady Gaga, Alessandro Michele, Harry Styles, Serena Williams y Anna Wintour.


O evento converteuse nunha data a destacar no calendario da moda internacional. Destacando a súa alfombra vermella, pola que desfilan numerosos rostros celebres do noso tempo, e que para os deseñadores converteuse na oportunidade perfecta para mostrar a súas creacións ante unha plataforma global.   




Lucía Nieto Cancho

1ºBacharelato/Nº5


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2019 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal