Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Outra xeración vaise

O pasado día xoves 9 de maio deuse, como é habitual todos os anos, a graduación dos alumnos e alumnas de 2 de bacherelato entre os cales me inclúo. A maioría dos recén graduados levan neste colexio dende 1 de infantil acumulando centos de anécdotas e experiencias polo camiño. Neste momento todos nós chegamos ao fin dunha etapa marcada sempre por todos os profesores cos que compartimos aula. Pero esto son todo topicazos que sempre se din, a verdade é que o paso é duro, non sempre todo é como imaxinas e tes que adaptarte, terás mellores ou peores profesores e compañeiros cos que poderás levarte mellor ou peor pero sempre vas ter que tragar, adaptarte e poner a mellor cara que sepas. Tense que estudar e moito, especialmente as literaturas, van vos desesperara as unidades en física e en química polas que perderedes putos e puntos, o estrés de non ter tempo de chapar bioloxia vai ser brutal e chegará un punto no que só queredes deixar bacerelato. Mais haberá cousas que sempre levaredes convosco, un profesor, uns compañeiros, uns amigos… non serán moitas mais ben unha ou dúas, máis sempre as levaredes con vos e serán as suficientes para poder dicir que mereceu a pena
Lucas Rodríguez Cancio
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-05-2019 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal