Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xurado do caso A Esmorga, illado ata que chegue a un veredicto

Un asasinato, un homicidio ou un accidente. Son as teses que terá que valorar o tribunal do xurado que desde este luns está coas deliberacións do coñecido como caso A Esmorga. En mans dos nove integrantes do xurado popular está decidir cal desas tres situacións axústase aos feitos ocorridos o 20 de decembro do 2014, que comezaron no Carballiño como unha noite de copas entre un grupo de coñecidos e terminaron coa morte de Alexandru Walter Boghio, un mozo de 22 anos cuxo cadáver foi achado na presa de Albarellos, Boborás.

Despois de ter escoitado as declaracións dos dous acusados, Eduardo L. F. e Óscar E. L., e de ter tomado boa nota tamén do que declararon os preto de sesenta testemuñas e peritos que foron citados para este caso na Audiencia provincial de Ourense, o tribunal quedou incomunicado ao mediodía do luns, despois de que a maxistrada María Ángeles Lamas entregáselles o obxecto do veredicto. Terán que declarar probados ou non probados os feitos que se indican neste documento, chegando así a unha conclusión sobre a inocencia ou culpabilidade dos dous sospeitosos.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-05-2019 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal