Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta culpa aos transportistas dunha funeraria de incinerar un cadáver equivocado en Vigo
Os traballadores non comprobaron a identidade do corpo e confundiron a un traballador portugués de Tui cun cidadán vigués.

A Xunta, como responsable do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) de Vigo, lamentou o equívoco que levou a unha funeraria de Vigo a incinerar un cadáver por erro; e culpa á funeraria que fixo o traslado dende a sala de autopsias a un tanatorio de Vigo sen comprobar a identificación.

Segundo relata a Xunta, a funeraria encargada de recoller o cadáver (do falecido vigués) que estaba no Vigo Memorial, equivocouse e foi recollelo ao hospital Nicolás Peña; onde estaba o cadáver do falecido portugués.

A confusión produciuse entre o corpo dun cidadán portugués que traballaba en Tui e outro falecido que era vigués. Unha das familias descubriu o erro pero o outro corpo xa fora incinerado.

O Sergas indicou que o asunto está xudicializado e a comisaría de Vigo fai indagacións recabando documentación sobre os feitos. Polo momento, ningunha das familias afectadas presentou denuncias ante o xulgado.

O Goberno Autonómico lamentou o sucedido e trasladou o seu pesar ás familias afectadas, que están pasando por unha situación moi dolorosa.


Noa Varela Varela
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2019 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal