Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

IDA VITALE, PREMIO CERVANTES 2019
A poeta uruguaia, Ida Vitale, recibiu da man do Rey o Premio de Literatura Miguel de Cervantes 2018,que lle foi outorgado pola súa traxectoria poética e intelectual de primeira orde. A cerimonia tivo lugar como cada ano o 23 de abril no Paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares (Madrid).
Ida Vitale nada en Montevideo no ano 1923,é un referente para os poetas de todas as xeracións e a quinta muller premiada co Cervantes. Esta poetisa, tradutora, ensaísta, profesora e crítica literaria é membro da xeración do 45 e representante da poesía esencialista e é considerada unha das voces poéticas máis importantes do mundo hispanoamericano. A súa vida está chea de anécdotas –tratou a Juan Ramón Jiménez e foi alumna de José Bergamín- pero a súa obra é calquera cousa menos anecdótica. Foi capaz de dedicar un emocionante poema á súa avoa e outro ao modo en que esqueceu a palabra italiana para pexego á vez que esquecía o sabor do pexego que incluíu en “ Oidor andante”, o seu libro de 1972. Meses despois de publícalo, abandonou Uruguai camiño do exilio en México e Estados Unidos. En 1950 casou co crítico literario Anxo Rama con quen tivo unha filla, a arquitecta Amparo Rama Vitale e un fillo, o economista Claudio Rama Vitale, nacidos en 1951 e 1954 respectivamente. O seu segundo marido foi o tamén poeta Enrique Fierro (1941-2016). Ten dúas netas, fillas de Amparo, Nuria e Emilia, e un neto, Antonio, fillo de Claudio.
Vitale estudou Humanidades e foi profesora universitaria,en México, coa axuda de Octavio Paz incorporouse á vida cultural do país, sendo colaboradora de numerosas revistas culturais, e iniciando a súa carreira como tradutora.
Vitale volveu a Uruguai nos anos 80, pero na actualidade reside nos Estados Unidos, onde segue escribindo tanto poesía como crítica, ademais de traducir a grandes autores franceses. Desde entón di que só necesita un aeroporto e unha biblioteca para sentirse en casa.
Ao longo da súa carreira colaborou con revistas e medios culturais como Maldoror, Época, Marcha, Clinamen, Volta ou Un máis un. De entre a súa obra habería que destacar títulos como A luz desta memoria, Soños da constancia, Xardíns imaxinarios ou Redución do infinito, entre outros.
Ida di que o seu método de escritura é arduo pero sinxelo: consiste en borrar. Algúns chaman a iso hermetismo cando non é máis que unha forma de respectar a linguaxe, de non falar en balde. Non por casualidade a súa antoloxía máis famosa titúlase ‘Redución do infinito’. A iso dedícanse os poetas como ela: a facer un uso ilimitado das limitacións da lingua.
Estes últimos anos recibiu varios premios entre os que atopamos: o Reina Sofía de poesía Iberoamericana, o Alfonso Reyes, o Max Jacob, o García Lorca... e o premio da Feria Internacional del libro de Guadalaxara ( FIL) de Literatura en Linguas Romances e agora acaba de recibir o premio Cervantes ,máximo galardón das letras en español á súa magnífica carreira.


Jaime Eiriz
1º Bach A
Nº 10


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-04-2019 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal