Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un incendio obriga a desaloxar un edificio en Betanzos
O lume comezou nun cuarto do primeiro piso. O fume estendeuse rapidamente cara ás plantas superiores deste edificio de nova construción, situado no barrio da Ribeira de Betanzos. Os bombeiros evacuaron seis veciños que permanecían nas casas.
José Manuel Pérez, sarxento do Parque de Bombeiros de Betanzos: "Saímos cun vehículo autoescala e cando chagamos ao lugar a nosa primeira misión foi evacuar a xente que aínda quedaba no edificio. Evacuamos dúas polo canón das escaleiras e catro por fachada coa autoescala. A continuación comezamos a extinción. Solicitamos máis medios debido á cantidade de carga térmica que houbo".

Un veciño con patoloxía cardíaca foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universatario da Coruña con dor no peito. A súa filla sufriu unha crise de ansiedade. Viven no terceiro piso e quedaron atrapados polo fume. Os bombeiros rescatáronos por unha ventá lateral. "Ver que non podes saír da túa casa, que o teu pai está mal e que tardan en sacalo... eu paseino fatal. De feito, a min tivéronme que levar nunha ambulancia por un ataque de nervios", explicou unha das persoas evacuadas.

Polo momento, non trascenderon as causas do incendio. O piso no que se orixinaron as lapas quedou inhabitable. No dispositivo que activou o servizo de emerxencias participaron os bombeiros de Betanzos, de Arteixo e da Coruña. Tamén colaboraron voluntarios de protección civil e axentes da policía local de Betanzos.



Rodrigo Míguez Fernández

1°BACH B/N°3

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-04-2019 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal