Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A galega que non podía usar pantalóns
Desde moi pequena Antonia foi unha alumna destacada. Con nove anos comezou bacharel de Ciencias. Con dezaseis anos matriculouse na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para iniciar os seus estudos de Química. Por que elixiu a química? Porque era a única licenciatura ofertada naquela facultade. Grazas ás súas boas cualificacións, Antonia obtivo bolsas e a exención de taxas, o que lle permitiu financiar e realizar os seus estudos. En 1935 conseguiu dous títulos: o de licenciada en Químicas e o de Mestra Nacional.

Antonia comezou a traballar inmediatamente despois. Entre 1934 e 1936 exerceu como profesora axudante en prácticas de Física e Matemáticas da Facultade de Ciencias da USC e como axudante no Departamento de Ciencias. Aínda que pareza difícil de crer, aínda quedaba tempo para dar clases particu
lares, estudar a carreira de Farmacia e seguir os dous primeiros cursos da licenciatura en Ciencias Exactas, os únicos que ofertaba naquel momento a USC. En 1937 comezou a dar clases de matemáticas na escola para nenas orfas Nosa Señora dos Remedios.

En 1936, tras estalar a Guerra Civil, suspendeuse a actividade académica na Universidade. Ademais, en outubro de 1937, abríronlle un expediente de depuración debido a unha denuncia anónima provocada polas súas ideas políticas. A comisión sancionadora inhabilitouna para desempeñar cargos de confianza e viuse obrigada a deixar a docencia no Instituto: a praza que ocupaba foille asignada a outro docente en propiedade.

En 1940 solicitou a revisión da súa causa e conseguiu renovar as clases na Facultade de Ciencias. Coa tenacidade que a caracterizaba, durante o curso 1939-1940 completou a súa licenciatura en Farmacia, en 1940-1941 superou as materias que lle deron o título de Mestra na Escola Normal Feminina e, entre os anos 1943 e 1948, conseguiu a licenciatura en Ciencias Exactas pola Universidade Central de Madrid.


Ricardo Ferreiro de Aguiar

Nº13 1ºBACH A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-04-2019 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal