Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nicola Sturgeon tratará de impulsar un segundo referendo en Escocia antes de maio de 2021
Nicola Sturgeon ministra principal escocesa
A ministra principal de Escocia, Nicola Sturgeon, lanzou unha nova ameaza a  capital británica co impulso dun segundo referendo de independencia, antes de maio de 2021.


Sturgeon aferrouse ao argumento da independencia “como a única forma de manterse en Europa” e de evitar o posibles danos que o Brexit podería causar no territorio escocés, que votou maioritariamente a favor da permanencia na UE. Nicola confía en poder aproveitar a maioría “europeísta” no Parlamento escocés para ter unha lista de lei para o novo refendo antes de finais de ano e poder celebrar a nova consulta antes do final da actual lexislatura.


A líder do movemento independentista ten que afrontar notables obstáculos; unha minoría de escoceses que queren un referendo antes de dous anos, o recente impacto da consulta soberanista de 2014, no cal un considerable porcentaxe consideraba oportuno permanecer no Reino Unido.


Aínda que o Parlamento escocés aprobará este ano unha lei para estimular as regras e principios dun novo referendo, faría falta un acordo co Goberno británico, para poder celebrar a consulta. A pesar diso, a ministra principal, considera que este Goberno durará pouco debido  que a situación será “insostible”, se Reino Unido non cambia as tornas na súa política.


Diversos analistas políticos colleron con pinzas a posible fuxida hacia diante da líder independentista e recordaron ocasiones anteriores, cando ameazou cun refendo, antes da consumación do Brexit. Ante este tipo de comentarios, Sturgeon respondeu dicindo que o Brexit adoleceu “un gran déficit democrático” que o Goberno escocés non escoitara. A ministra utiliza como base de apoio a simbólica votación contra o Brexit, realizada o pasado 5 de marzo, que demostra a existencia dunha maioría de poboación de carácter pro-europeo no Parlamento escocés.        



Lucía Nieto Cancho

1ºBACH B/Nº5

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-04-2019 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal