Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A outra cara do 28A
Hoxe queridos amigXs, celébranse eleccións xerais en España e en todas as canles de televisión e de radio, só se fala de datos, índices de votación, que se o candidato X votou aquí, que se lle acompañaba a súa esposa, que se, que se, que se…

Independentemente do que estas eleccións significan para España e para os españois, debate no que non vou entrar, a min interesoume ver a cara simpática da campaña, e a verdade, é que deixou momentos moi comentados.

 

O que está claro é que nin facendo bromas, deixan de ser candidatos, non en balde trátase de conseguir o maior número de votos posibles. Así, sen ir máis lonxe, o pasado 2 de abril, o líder do Partido Popular, Pablo Casado, acudiu a “El Hormiguero 3.0” do mesmo xeito que xa o fixera a súa predecesora Soraya Sáenz de Santamaría e, está claro que os dous gozan coa música. Soraya marcouse un baile con Pablo Motos mentres que Casado atreveuse a tocar o baixo interpretando en directo “ Uptown funk” de Bruno Mars.

E, mentres Pablo Casado nos deleitaba coas súas dotes para a música, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau non quería quedar atrás, e non, grazas a deus non nos mostrou a súa faceta musical, se é que a posúe, fíxose “ youtuber”. Desde fai dúas semanas, conta cunha canle propia nesta rede social e como unha “ influencer” máis, conta a súa vida e circunstancias. Como sobrevivir a unha campaña ou como resignarse? Está claro que os xefes de campaña estarán cos pelos de punta, porque xa se sabe o que teñen as redes sociais, podes meter a pata á mínima de cambio e ala! Non hai volta atrás, en segundos xa é viral pola rede.

Como non podía ser menos, os “novatos” de campaña electoral, Vox, tampouco quixeron pasar desapercibidos e claro, pasáronse! Para un mitin, versionaron unha canción do cantante de Juanes, “A Deus pídolle” para convertela en “A Vox pídolle”. O cantante colombiano non tardou en reaccionar e pedir a todas as persoas que deixen de difundir o vídeo e un “pouco” de respecto.

Pero mira que agora estou intrigada. Que estará a pasar ao longo de hoxe? Vou ver por internet a ver que nos contan.

Non tardei nada, xa estou de volta. Pois a verdade… que aburridos son. Como sempre, o pobo rioxano de Villaroya, foi o máis rápido en pechar as mesas electorais; ás 9.05 horas. Case tardaron máis en abrilas, iso seguro! Votaron os 6 habitantes que ten o pobo, 100% de porcentaxe electoral...

Como anécdota máis destacada en toda a prensa e redes sociais, a presenza de artistas e actores nas mesas electorais; o cantante de rock Loquillo ou o actor Paco León, exerceron hoxe as súas responsabilidade como cidadáns. Imos ver señorXs, que tamén son cidadáns do montón coma ti e coma min. Bo, coma min non que aínda non podo exercer o meu dereito ao voto. Non sei que pode ter de raro que formen parte das mesas electorais. Como moito que algún cidadán ao ir depositar o voto lles pida un autógrafo!

Como sempre, tamén hai a anécdota desagradable. Dúas apoderadas de “Cidadáns” sufriron o acoso por parte dun apoderado de Vox que “ bramou” e non quero insultar ás vacas en absoluto, frases machistas e despectivas contra elas: "así ves de fresquiña" ou "como sigas así vaste converter nunha feminazi", "miúdo bombón, mira o que estás a esconder aí debaixo, así me ves provocando" ou "xa que estades a ver se me traedes unha cervexiña". Persoalmente e co incisiva que estou ultimamente, tería moito que lle dicir a este “señor”, pero, deixemos que falen os tribunais, porque as apoderadas xa o denunciaron ante a Xunta Electoral.

 

Por hoxe, máis nada que dicir.

Que “os cidadáns de España” repartan sorte.

Ata a próxima.



Clara María Domínguez Iglesias

1°BACH A/N°8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-04-2019 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal