Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Chega a Feira Medieval máis luxosa

O Concello anuncia para a edición deste ano novidades como a queima da fachada do palacio condal. O orzamento é maior que nunca.

A Feira Medieval de Monforte segue sumando edicións ata que cumpra vinte anos e o Concello poida pedir de novo a súa declaración como festa de interese turístico de Galicia. A edición número dezasete da Feira Medieval de Monforte celebrarase os días 20 e 21 deste mes e contará cun orzamento de 68.000 euros, un 12% por encima do ano pasado. O alcalde deu estas cifras onte no espazo central da praza de abastos, ocupado estes días por un mercado especial previo á festa medieval, con traxes e complementos para quen se queiran caracterizar de época o fin de semana do certame, e tamén con propostas gastronómicas e ata de estética persoal de resnonancias medievais.
Na presentación, José Tomei, explicou que o progresivo incremento do gasto na organización trouxo consigo desde a primeira edición que cada ano tivese máis público e máis repercusión. Igual que será a máis cara, a festa deste ano será tamén a que teña máis expositores. Haberá 117 postos de venda de todo tipo de produtos de artesanía e de comida, seis máis que o ano pasado, que xa fora de marca.
Os responsables municipais esperan que sexa tamén a máis multitudinaria, e para conseguilo confían entre outras cousas no tirón dalgúns espectáculos novos. A organización quere consentir o fin de festa do sábado, así que lle proporcionarán un aliciente á procesión de fachos que a última hora sobe ata San Vicente desde a praza de España. Os asistentes terán ocasión de gozar dunha das novidades que prometen ser máis espectaculares, unha queima con pirotecnia da fachada do palacio dos condes de Lemos.
Paula Menor
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-04-2019 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal