Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ferido nun aparatoso envorco na AP-9, en Betanzos

Un home resultou ferido nun aparatoso envorco na AP-9, no quilómetro 17, cando circulaba cara a Santiago. O suceso produciuse sobre as 13.30 horas, á altura de Piadela, en Betanzos, e foi a central de emerxencias do vehículo a que alertou ao 112, que tamén recibiu numerosas chamadas dos condutores que a esa hora transitaban pola autoestrada. De inmediato, deuse alerta a Urxencias Sanitarias, así como á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Betanzos e á Policía Local, xa que as chamadas alertaban de que podía haber persoas feridas no interior do automóbil, un BMV, que quedou coas rodas cara ao ceo e ocupando boa parte da calzada. Finalmente, a pesar do espectacular do accidente, o condutor e único ocupante do vehículo non necesitou ser trasladado ao hospital, segundo informou Protección Civil, e foi atendido no mesmo punto do sinistro polo persoal do 061.
A Garda Civil encargouse de regular a circulación, xa que o tráfico tivo que ser desviado pola beiravía mentres durou o dispositivo de asistencia e non se retirou o coche da calzada.
Lucas Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-04-2019 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal