Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Festival da Luz reunirá en setembro bandas como Celtas Cortos, Arizona Baby e Amparanoia
A edición de 2019 do Festival da Luz contará con máis de 30 artistas do 6 ao 8 de setembro na localidade coruñesa de Boimorto, entre os que se inclúen bandas como Celtas Cortos, Arizona Baby e Amparanoia.
Segundo informou a organización este venres, o festival "conta cun cartel ecléctico" no que se inclúen tamén a Orquestra Mondragón e a música electrónica islandesa de Gus, Gus. Cepeda, Mikel Erentxun, Ángel Stanich, Egon Soda ou Kitai son algúns dos artistas que tamén actuarán na leira natal da artista Luz Casal en Boimorto. Cariño, Presumido, Basanta, Ortiga, Putochinomaricón, Broken Peach ou Delaporte "representan á nova xeración que vén pisando forte", destaca a organización do evento. De procedencia galega o cartel inclúe á Banda de Música de Arzúa, Santiguiños de Boimorto, Tiruleque, Riff Raff ou As Netas de Mauriza. Molina Molina, Diavlo, Bflecha, Le Parody, Cora Velasco, Praia Cuberris, Volver, Habitación Vudú, Floridablanca, Silvia Penide, Fredy Harmonica & The Concealers e Reynier Aldana completan esta primeira quenda de confirmacións do cartel. Tamén se unen Andhrea & the Black Cats e Allova, bandas seleccionadas por Mahou de entre os proxectos participantes no 'Coworking de Emprendimiento Musical' organizado por Fundación Paideia.


Os organizadores incidiron que a música "se completa cun amplo programa de actividades", zona infantil, carpa de cinema e teatro, espazo gastronómico con produtos locais e iniciativas sustentables de toda a localidade, mercado de artesanía, áreas expositivas, charlas e iniciativas relacionadas co sector musical e "moitas novidades máis que iranse desvelando nos próximos meses", avanzaron.
Coa nova incorporación de CaixaBank como colaborador do evento, a organización anunciou que conxuntamente porán en marcha un certame que repartirá 9.000 euros en premios a proxectos emprendedores "que propoñan unha mellora á contribución de actividades e accións con implementación no medio rural galego", destacaron.
Ester Barreira, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-04-2019 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal