Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A MODA “ANTIVACINAS” PROVOCA EPIDEMIAS DE SARAMPIÓN
Cada ano, as vacinas evitan o falecemento de millóns de persoas, logrando que o número de nenos que morren anualmente por enfermidades infecciosas como sarampelo, difteria, meninxites... reduciuse moitísimo conseguindo erradicar algunha delas. De non existir as vacinas sería tecnicamente imposible previr moitas das mortes por gripe, neumococos, rotavirus, rabia, cólera, tifus, meninxite ...
Se a maioría da poboación non estivese vacinada, os microbios teríano moi fácil para propagarse. Pero a moda antivacinación de certos grupos sociais é o verdadeiro perigo porque os virus e as bacterias, que xa perderamos de vista, poden volver cruzar as nosas fronteiras, propagarse e alcanzar ás persoas desprotexidas, con consecuencias fatais.
O perfil das persoas que non se vacinan pode ser moi variado , desde os que simplemente descoidan a súa saúde, aos que por falta de información teñen unha visión equivocada dos riscos e os beneficios das vacinas. A sociedade ten que pensar que poñer ou non vacúas non é unha cuestión de fe senón de ciencia e que hai unha base médica con datos reais do seu papel positivo na erradicación e prevención de enfermidades e polo tanto do número de mortes.
Aínda así estes días o estado de Nova York, tivo que declarar o estado de emerxencia de saúde pública pola epidemia de sarampelo na cidade. Unha enfermidade que levaba erradicada oficialmente desde o ano 2000 volveu a instalarse na cidade tras traer o patóxeno un home que que viaxara a Israel e non está vacinado; A gravidade é tan alta, que o alcalde de Nova York declarou que o departamento de sanidade emitirá multas a todos aqueles que sigan sen vacinarse e mesmo se fai falta prohibirá o ingreso aos centros escolares aos alumnos que non teñan as vacinas obrigatorias.
Todos estes feitos, fan pensar que a concienciación da sociedade, mediante a información obxectiva e científica, debe ser a base para conseguir eliminar as enfermidades infecciosas para as que xa existen vacinas. Só desta forma, podemos protexer non só aos que se vacinan, senón tamén a todas aquelas persoas que por cuestións médicas ou por que son aínda moi pequenas non o están.

Jaime Eiriz Castro
1º Bach A (nº10)
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2019 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal