Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os revolucionarios “xefes” das rúas...
Como ben teredes experimentado, atopámonos ante unha nova e revolucionaria xeración de “medios de transporte”. A bicicleta, o “skate” son xa parte do recordo; agora deixan paso a novas versión, melloradas, máis modernas, acordas á nosa era dixital. Si, en efecto. Estou falando desta nova corrente do “fast-wheel”, “e-bike”, “seg-way”… ou dito doutra maneira, o que todos os españois coñecemos e reducimos á denominación de “patinete eléctrico”. Para que diferenciar!
Pero, ben é certo que, a pesar do moito que nos gusta presumir de modernos, o novo asusta e, como non podía ser doutra forma, xorde a discusión entre os que seguen e os que opositan contra ditos medio tecnolóxicos. Sen embargo, parece que o escaso tempo de proba do patinete eléctrico xa nos deixou mostras suficientes para acercarnos a unha conclusión de certa validez, sen especulacións.
Ninguén podería negar que no campo da loita contra o cambio climático estes novos vehículos motorizados supoñen a alternativa máis ECO; se ben poderiamos destacar que nos seus inicios o seu obxectivo era precisamente este mesmo: crear un medio de transporte libre de emisións de CO2 pero que á vez cumprise as funcións propias dun automóbil en cidade. Tendo en conta este aspecto y engadindo ademais factores tan importantes como a comodidade, versatilidade y prezo asequible do produto, podería converterse, ó menos en aparencia, nun invento “apetecible” a ollos do consumidor. Tanto é así que unicamente neste último ano temos superado todas as expectativas marcadas: tras finalizar a “Semana Europea de la Movilidad” a demanda destes novos artiluxios triplicouse, chegando mesmo a alcanzar cifras tales como o 331% de dispositivos solicitados.
Ata o momento, todo parecen vantaxes; comodidade, eficacia, rapidez, solvencia... o que necesitamos no noso día a día; sen embargo, no é todo como nolo pintan (E menos ese ó que chaman xigante comercial!) pois todo invento que se aprecie e provoque un impacto na poboación, traerá consigo a controversia.
Desde o meu punto de vista, parte do problema vén dado polo mesmo de sempre. Non nos gusta mirar máis alá e centrámonos única e exclusivamente naquilo no que a nosa vista pode chegar, e se é cunha simple “olladiña” mellor. Quedámonos coa cáscara, coa pompa, co externo, e é agora cando, testemuñas presenciais, empezamos a darnos de conta das secuelas. Primeiro, atopámonos coa problemática do gran baleiro legal que hai con respecto destes vehículos. Normas de circulación, impostos, seguro... todo; en trámite. Non obstante, non é este aspecto o que máis me preocupa. Teño que recoñecer que o motivo principal polo que escollín este tema é o seguinte; e reproduzo textualmente:
“El boom del patinete eléctrico pone en peligro la cuota mínima de actividad física diaria”
Perfecto. Non hai máis que engadir.
Nunha sociedade que xa no ano 2016 contaba con máis de 1900 millóns de adultos con sobrepeso y máis de 650 obesos, aparece un novo medio para contribuír aínda máis a este “sedentarismo en auxe”. É evidente, a sociedade estase estancando nunha marca de actividade física nula o que antes camiñabamos, aínda que só fose do supermercado á casa, agora recorrémolo en “patinete eléctrico”, sen mover un pé. A todo isto, debemos sumarlle aínda por enriba, a constante “dixitalización” do traballo, que nos obriga a pasar demasiadas horas sentados nunha cadeira diante dun ordenador.
Resumindo e para evitar excederme demasiado, concluirei dicindo que a nosa sociedade vai encamiñada a un futuro moi escuro. É así. Xa na actualidade podemos ser testemuñas do cambio radical que está experimentando a humanidade como especie: estilo de vida sedentario, malos hábitos, ausencia total de actividade física... un feito ao que contribúe a invención destes innovadores vehículos que anteriormente vos citei; os cales, (nun uso excesivo, coma todo) conseguen facer a vida das persoas máis cómoda, pero no mal sentido da palabra.
E con isto remato por esta semana. Espero non tervos aburrido moito coa miña reflexión. Poderiamos dicir que tiña o día inspirado... Ata a vindeira!




Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A/Nº8




Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal