Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O auxe científico en China
Con diñeiro para a ciencia, para cambiar o seu crecemento económico, China converteuse nun paraíso para os investigadores non só nacionais, senón tamén estranxeiros. Grazas a este auxe científico de China, hai un 30 por cento máis de laboratorios no mundo, o que está a permitir que moitos investigadores estranxeiros leven a cabo os experimentos que non poden realizar nos seus países por falta de orzamento.
Entre eles figuran algúns científicos españois que, tras formarse en Estados Unidos, acabaron en China porque, segundo din, «Este é o mellor lugar para abrir agora un laboratorio e o nivel dalgunhas universidades é dos máis altos do mundo». Aínda que aseguran que nos laboratorios chineses hai controis tan estritos como nos estadounidenses, sobre todo nos de investigación xenética, nos últimos tempos escapáronse do radar algúns experimentos moralmente cuestionables.

É o caso da manipulación xenética que, en segredo e violando a lei chinesa, o doutor Hei Jiankui levou a cabo o ano pasado en dúas xemelgas para facelas inmunes á sida. O anuncio destes primeiros bebés modificados xeneticamente desatou un escándalo mundial que danou aínda máis a maltreita reputación da ciencia chinesa. «Aos occidentais horripílanos a posibilidade da manipulación xenética e a creación de bebés de deseño porque pensamos en ˝Un mundo feliz˝, Hitler, Stalin e un Estado totalitario creando un Exército de clons. Pero aos chineses, xaponeses e coreanos non lles parece unha barreira moral infranqueable porque non pensan niso, senón en que o seu fillo vai ter mellores notas ou vai ser máis guapo e vaise a casar máis facilmente», explicaba en decembro a ABC José Pastor, biólogo español.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal