Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Audiencia Nacional decide continuar o proceso sobre a prórroga de Ence
ENCE poderá defender nos tribunais a continuidade da súa actividade en Pontevedra. A Audiencia Nacional acepta seguir adiante co proceso xudicial a pesar de que o Goberno se desentendera da defensa da concesión que aprobara o executivo anterior. Os responsables da factoría cren que é unha boa noticia, aínda que lamentan que a decisión do Goberno fai que a súa posición sexa menos sólida.
A loita xudicial entre o Concello de Pontevedra e a factoría de celulosa de ENCE non escribiu o seu último capítulo. A pesar de que o Goberno renunciara a defender a ampliación da concesión aprobada polo executivo anterior, a Audiencia Nacional está disposta a escoitar as partes en litixio. Deulles prazo tanto á multinacional como ao seu comité de empresa para que contesten á demanda que no seu día presentou o concello. A decisión supón un respiro para a empresa que temía que os xuíces arquivaran o caso tras a marcha atrás do Goberno. Con todo, lamentan que a súa posición sexa menos sólida que hai uns meses porque xa non contan coa defensa da Administración xeral do Estado. O Goberno de Mariano Rajoy decidiu en 2016 prorrogar o permiso para que ENCE siga fabricando celulosa á beira da ría ata o 2073, unha pretensión contra a que o Concello presentou a demanda actual.



Rodrigo Míguez Fernández
1º BACH B/Nº 3

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal