Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Reapertura do mosteiro de Oia
O mosteiro de Oia reabriu as súas portas logo de dous anos pechado por risco de derrubamento. Foi unha xornada de portas abertas exclusiva para a poboación local. Deste xeito, a empresa propietaria do cenobio quixo compartir coa veciñanza o seu proxecto para revalorizar esta xoia arquitectónica do século XII cargada de historia.
O real mosteiro de Oia é o único do Císter construído ao carón do océano Atlántico. No século XVII, pola súa posición privilexiada, constituíu un importante baluarte defensivo fronte aos piratas.

Para moitas destas persoas, veciñas do concello de Oia, son historias que hoxe coñecen por vez primeira. Nas mellores épocas chegou a albergar 120 monxes e nos seu período máis escuro, durante a Guerra Civil, converteuse nun campo de concentración.

Os presos republicanos deixaron o seu testemuño nas paredes do templo, escritos e debuxos que agora tentan restaurar. O obxectivo é poder amosarllos ao público a partir do vindeiro 18 de abril.


Lucía Alvarellos 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-04-2019 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal