Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A valedora alega "responsabilidade" na súa dimisión condicionada
Defende renovar tamén o adxunto ao ser un "equipo".

A valedora do Pobo, Milagros Otero, defendeu que a súa renuncia, condicionada a que os grupos parlamentarios teñan substituto do seu cargo e do seu adxunto, adoptouna por "responsabilidade" coa institución comisionada, e defendeu que tamén se renove o nome do adxunto, Pablo Cameselle, porque xuntos forman un "equipo".

Despois de coñecerse que o Tribunal Supremo non admitiu o recurso presentado, e por tanto, ratificou a sentenza do Tribunal Superior de Galicia na que declaraba nulo o nomeamento dentro da institución de María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG e sobriña do expresidente Manuel Fraga, Otero enviou ao Parlamento de Galicia unha carta na que puxo o seu cargo a disposición da Cámara, que é o órgano que a nomeou, a proposta do PP, e ten o poder de revogala cunha maioría reforzada dos deputados.
Pero vinculou a súa renuncia a que os grupos parlamentarios se poñan de acordo previamente sobre o seu substituto á fronte da institución e na Vicevaledoría, que actualmente ocupa Pablo Cameselle (nome impulsado polo PSOE), para o que é necesaria unha maioría reforzada de 45 deputados (polo menos os escanos do PPdeG e doutro grupo parlamentario).

Así, este venres, en declaracións aos medios, Milagros Otero defendeu esta forma de actuar, distinta a cando en 2012 deixou o cargo o seu antecesor Benigno López, quen tamén se viu obrigado a dimitir despois dunhas polémicas declaracións nas que suxeriu a suspensión da Lei de Dependencia.

Preguntada por que motivo elixiu condicionar a súa renuncia, incidiu en que o fixo por "responsabilidade" e rexeitou entrar en "polémicas": "Nada está escrito sobre dimisións". Non quixo entrar en se os grupos parlamentarios terán dificultades para pactar a renovación da defensoría galega e gardouse a súa opinión sobre o fallo xudicial condenatorio: "Non me meto nas decisións dos tribunais; comparto algunha e outras non", limitouse a decir.


Ángela I. Baig 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-04-2019 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal