Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os especialistas avogan pola ampliación da baixa maternal para facilitar a lactación
Medio milleiro de profesionais da saúde, estudantes e nais e pais compartiron nos últimos tres días inquedanzas e coñecemento científico sobre a lactación no décimo Congreso Español de Lactación Materna, que se celebrou por primeira vez en Galicia, concretamente en Santiago.
No encontro púxose de relevo que a lactación é unha fonte de saúde que beneficia os nenos, as nais, o ambiente e que supón, en consecuencia, un aforro e un investimento para todos.
A OMS recomenda como mellor alimento para os bebés un mínimo de seis meses de aleitamento materno exclusivo e a ser posible seguir dándolles o peito en combinación con outros alimentos ata os dous anos ou máis.
Neste sentido, desde o congreso, insistiron en que é preciso que as baixas maternais se amplien a seis meses. Os expertos subliñaron que non será un gasto senón un investimento.
En Galicia hai grupos de apoio á lactación materna desde hai case dúas décadas. As mulleres que acoden a eles obteñen mellores resultados en canto a tempo e resolución de problemas.


Lucía Alvarellos, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-04-2019 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal