Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os fogares galegos que chegan con dificultades a fin de mes baixan ao 43,6% no primeiro trimestre
Os fogares galegos que chegan con dificultades a fin de mes baixan no primeiro trimestre ata o 43,6%, o que supón case tres puntos menos desde o 46,12% do tres meses anteriores, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Segundo destaca a Xunta, esta é a segunda cifra máis baixa en toda a serie histórica. Os fogares con dificultades descenden do 40,25% ao 38%, mentres que os que teñen moitas dificultades rebáixanse do 5,87% ao 5,53%.
Pola súa banda, os fogares que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentan no primeiro trimestre até o 56,43%, segundo os datos do IGE. No último ano a porcentaxe de fogares nesta situación subiu máis de nove puntos.

Así mesmo, o 19,88% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra (como viaxes ou compras imprevistas) no tres últimos meses. Ademais, o 11,37% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra para un maior aforro con produtos en oferta ou marcas brancas.

Noutra orde de cousas, o 17,48% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habitan, o 10,04% o coche e o 1,59% unha segunda vivenda. Con respecto ao mesmo trimestre de 2018, diminúe en 0,11 puntos a porcentaxe de fogares que están a pagar a súa vivenda habitual.
Beatriz Abundancia, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-04-2019 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal