Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os ourensáns recuperarán, tras catro anos pechada, a piscina da Tecnópole
A piscina da Tecnópole, á que recorrían centos de ourensáns no verán, pechou as súas portas no 2015 pola falta de acordo das Administracións que facían posible o seu funcionamento. A instalación está no Parque Tecnolóxico, en territorio propiedade da Xunta, e a Deputación era a encargada de xestionala.
Despois de catro anos pechada, todo parece indicar que os ourensáns recuperarán este espazo de lecer en pouco tempo. E é que acaba de saír a licitación, por 50.000 euros, a xestión deste espazo durante a tempada de verán.
Deste xeito confírmase que xa non será a Deputación a que se encargue da piscina.
As ofertas pódense presentar ata o 22 de abril e a empresa que asuma a xestión terá que encargarse do servizo deportivo en si mesmo, así como a limpeza e o mantemento.
Hai que recordar que hai meses adxudicáronse as obras para a posta a piques das instalacións por máis de 300.000 euros. O motivo dese investimento -a cantidade permitiría xestiona a piscina durante seis veráns, a tenor da cantidade fixada na licitación- foi que, ao estar pechadas, as instalacións deterioráronse facendo necesarias varias obras, como a reconstrución do sistema de impulsión da auga. Tamén foi necesario renovar os vestiarios, entre outras reparacións.



Alba Osorio 2º bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-04-2019 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal