Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A agricultura ecolóxica galega aumentou as súas vendas certificadas un 33% en 2018
O informe anual do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia sinala que a superficie inscrita creceu un 5,5%

A agricultura ecolóxica galega aumentou en 2018 as súas vendas certificadas un 33 por cento até alcanzar os 78,7 millóns de euros polos 59 millóns facturados o ano anterior.
Este é un dos principais datos que se extraen do informe anual elaborado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Creaga), que foi presentado este luns en Boqueixón (A Coruña) con presenza do conselleiro do Medio Rural, José González. Ademais do incremento no volume de vendas, a superficie dedicada á produción ecolóxica en Galicia creceu un 5,8 por cento no último ano e xa conta con case 34.000 hectáreas certificadas. Segundo recolle un comunicado da Xunta, o titular de Medio Rural valorou os datos dun sector dedicado a un ámbito de consumo "que non para de crecer".
Así, José González resaltou que o pasado ano tamén aumentou o número de operadores certificados nun 8 por cento até situarse nos 1.152. Deles, case o 38 por cento dedícanse á produción vexetal polo 33 por cento que se dedica ao sector animal, segundo os datos de Creaga, que apuntan que o número de elaboradores tamén creceu un 20 por cento. Así as cousas, o conselleiro remarcou que a aposta pola produción ecolóxica debe continuar pois "encaixa nos principios establecidos pola UE a favor dunha agricultura sustentable e con futuro". Por último, avanzou que no próximo trimestre convocarase a sesión constitutiva da mesa de produción ecolóxica co sector.
Ester Barreira, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-04-2019 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal