Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha moza de 30 anos morre após chocar co vehículo no que viaxaba contra un camión en Teo

Unha moza de 30 anos faleceu a madrugada deste domingo após colisionar co vehículo no que viaxaba contra un camión na localidade coruñesa de Teo.
O sinistro produciuse ao redor das 07,15 horas na AC-841 no seu paso polo Concello de Teo. Nel, unha muller veciña da Estrada perdeu a vida após chocar co seu turismo contra un camión, segundo informou o 112 Galicia.
Tal como aseguraron fontes da Comandancia da Garda Civil da Coruña, o coche, un Seat Ibiza, sufriu unha colisión fronto-lateral ao invadir o sentido contrario, o que provocou a morte da única ocupante do vehículo, a pesar de levar posto o cinto de seguridade.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) pediu a colaboración dos membros do GES da Estrada, que tiveron que excarcerar á vítima, e dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que só puideron confirmar o falecemento da condutora.
A Garda Civil continúa investigando as causas do sinistro, pero confirmou que a proba de alcoholemia deu negativa e está pendente de realización a de drogas.
Foi necesaria a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico para regular a circulación e a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para retirar os restos provocados polo accidente.
Ana Ramos
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-04-2019 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal