Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Exipto excarcera a unha icona da revolución contra o réxime
Alaa Abdelfatah icona das revoltas contra o réxime de Hosni M
A primeira hora do pasado venres 29 de marzo, unha icona das revoltas contra o réxime de Hosni Mubarak e ata agora infrutuosa loita pola democracia, atopase en liberdade tras permanecer cinco anos arrestado.

A excarceración de Alaa Abdelfatah, un rostro de relevancia nunha revolución frustrada, coincide coa carreira contrareloxo do Parlamento exipcio para aprobar e someter a referendo unha reforma constitucional que situará a Alaa Sisi, militar e político, no poder ata 2034.

Difundíronse diversas imaxes do preso en liberdade nas que aparece saudando a familiares e amigos congregados nas portas da comisaría, onde se remataron os trámites da súa liberación. Compañeiro de veteranos e combativos activistas de dereitos humanos e sobriño do novelista Ahdaf Soueif, Alaa representa con exactitude o calvario que padeceron os xoves que a principios de 2011 reuníronse durante dezaoito días na praza de Tahrir, co obxectivo de cambiar o panorama político do país. Foi detido durante a ditadura de Mubarak, a transición administrada polos xenerais regresou aos tribunais durante a efémera presidencia do islamista Mohamed Mursi. Tras a campaña de represión que desatou o golpe de Estado, foi condeado a cinco anos de cárcere por organizar presuntamente no 2013, unha protesta sen permiso da lei promulgada polo réxime.

A marcha que o levou a prisión denunciaba o envío de miles de cívis a tribunais militares, unha práctica que as autoridades seguen executando a pesar da condena no plano internacional. A pesar de todo o ocorrido, a aposta de Alaa pola democracia permaneceu invariable durante a súa reclusión no centro penitenciario, situado a sur da capital exipcia.



Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº5
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-04-2019 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal