Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rouban en casa de Emre Mor máis de 70.000 euros en xoias e obxectos persoais mentres estaba en Balaídos

Máis de 70.000 euros en xoias e obxectos persoais, ademais de diñeiro en metálico, é o botín que levaron o sábado pola noite os ladróns da casa do atacante do Celta, Emre Mor. O roubo denunciado polo céltico produciuse mentres se disputaba o importante partido contra o Villareal en Balaídos para o que o xogador fora convocado tras semanas sen entrar nunha lista do equipo. Con todo, o turcocandés non dispuxo de minutos.

O futbolista reside en Moaña, nunha casa no barrio de Broullón que a tempada pasada había ocupado o excéltico Deixan Drazic. Atópase nunha zona con poucas vivendas ao redor e preto da do seu compañeiro de equipo, o moañés Iago Aspas.

Segundo fontes da Garda Civil o futbolista deuse conta do roubo ao volver ao seu domicilio, pasadas as dez da noite, xa que ademais nas habitacións apreciábase que todo esta revolto e en desorde. As forzas da orde acudíronse na casa para asistirlle e recoller probas. De nada serviu o dispositivo de seguridade con cámaras e alarma co que contaba a vivenda asaltada. A Garda Civil continúa coas investigacións.


Iago Fuentes Aller
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-03-2019 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal