Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aparecen os cadáveres de dous irmáns de Fene flotando en augas de Ferrol
Os corpos de dous homes de mediana idade (de acordo coa descrición faciitada por fontes portuarias) apareceron flotando esta mañá en augas de Ferrol, nas inmediacións de Prioriño, na zona do porto exterior.
Segundo a información solicitada, trátase de dous irmáns de Fene que saíran a pescar e que, por razóns que se descoñece, terían caído á auga e afogáronse.
O primeiro dos corpos foi avistado por un pesqueiro, que deu a alarma ao redor das 10.30 horas. Pouco máis tarde, avistouse tamén o segundo cadáver na mesma zona. Ambos foron recuperados pola Garda Civil, que os trasladou ao porto ferrolán, desde onde foron trasladados ao Hospital Naval para practicarlles a autopsia. Fuentes consultadas por este xornal afirman que os primeiros indicios parecen indicar que ambos os falecidos terían morto pouco antes de ser localizados na auga.


Enrique Molina Muñiz
4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-03-2019 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal