Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os galegos que nacen hoxe vivirán 83 anos

A esperanza de vida supera por primeira vez na comunidade os 80 anos para os homes e chega aos 86’3 para as mulleres. Nun decenio, os galegos ganaron 22’3 anos de vida de media que se concretan en 2’8 máis para os homes e 1’78 para as mulleres. Acúrtase así lixeiramente a brecha de esperanza vital entre os dous sexos segundo puxo de manifesto o Instituto Galego de Estadística nun estudo sobre os indicadores demográficos da comunidade.

Pese ao envellecemento da poboación galega, a esperanza de vida débese principalmente á baixada de integrantes dos grupos de menor idade e ao aumento dos de maior idade, máis que polo incremento na idade da poboación. Hai sete comunidades autónomas onde a esperanza de vida ao nacer e maior que a galega; que está lixeiramente por debaixo da media estatal. Os madrileños son os que máis futuro vital teñen por diante con 84’53 anos e sitúanse por diante de Galicia: os navarros e casteláns leoneses (83’82 anos), os rioxanos (83’6 anos), os vascos (83’54 anos) e os cataláns e cántabros (83’33 anos).

Ese crecemento nos anos que viven os galegos reflíctese na idade media da súa poboación. En 1975 esa franxa media dos galegos vivos situábase nos 35 anos e no 2018 sitúase nos 47 exactos.


Noa Varela Varela
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-03-2019 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal