Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O mapamundi de Noha
O mapamundi de Pirrus de Noha é unha das cartografías de
referencia da Baixa Idade Media. O traballo, elaborado na
península itálica á volta de 1414, sinala Galiza como unha
realidade diferenciada no ámbito peninsular, deixando clara a
conciencia da existencia dun reino galego con personalidade
política propia no espazo europeo. Eis un extracto da peza
publicada no semanario en papel número 339.
É unha xeografía política moi precisa do mundo coñecido a
comezos do século XV. O mapamundi de Pirrus de Noha é unha
cartografía de 18x27, elaborada arredor de 1414 e incorporada
como ilustración a unha edición da Coreografía de Pomponio
Mela. A obra de Mela, escrita á volta da década dos 40 do
primeiro século e redactada en tres volumes, recolle unha
descrición de diversas áreas do imperio romano, significándose
polo seu coñecemento das áreas da Hispania, Galia, Xermania,
África, Asia e Arabia. O século XIV coñecerá unha redescuberta
deste autor clásico que acadará unha grande difusión e influencia
ao longo de todo o Rexurdimento.


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-03-2019 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal