Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O mapa galego do tesouro Seoane
A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu que Luís Seoane (Bos
Aires, 1910-A Coruña, 1979) protagonizase o quinto Día das Artes
Galegas. Intelectual inconmensurábel e polifacético, exiliado,
militante da esquerda e o nacionalismo, poeta e facedor de libros,
deseñador e debuxante, a súa pintura situouno entre os máis
avanzados artistas galegos do século e nun imbatíbel renovador da
materia.
Do pescozo da muller colga un cartaz escrito a man. En terceira
persoa. “Ela chámase Manuela Rodríguez. É analfabeta. Axúdena.
Xenebra, 1963”. Luís Seoane sentara ao seu carón nun tren en
Francia. Pintouna ao óleo no ano 1967. Emigrante, un cadro dun
metro por 81 centímetros, é emocionante, político, unha das moitas
pezas mestras dun pintor que non entendía a vangarda formal sen a
vangarda política. É, ademais, unha das 43 pinturas -amais de
debuxos e outros materiais- que acolle a colección do Museo de
Belas Artes da Coruña, doadas pola viúva da artista, Maruxa Seoane.


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-03-2019 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal