Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os científicos piden vixiar as fronteiras contra invasores como a avespa mandarina
«Todas as especies poden chegar», di José Carlos Otero González, profesor na Facultade de Bioloxía da USC e autor do libro A vida secreta dos insectos. O mesmo opina o investigador Xesús Feás, que sintetizou feromonas de velutina para intentar achar un cebo específico para controlar a expansión desta avespa: «As especies invasoras chegan e chegan sempre da man do home». Asumido ese principio, é posible que a avespa mandarina, de maior tamaño e máis nociva que a velutina, chegue a Galicia, pero os científicos non ven un risco inmediato de que iso ocorra. «Agora mesmo non vexo un risco inmediato. Esta especie está distribuída en Corea, China , Taiwan, Indonesia, en todas as zonas subtropicales da rexión oriental de Asia. Estamos a vivir nunha época cun comercio global realmente brutal, e calquera ano, máis ou menos inmediato, podería chegar. Eu creo que non é inmediata a chegada desta especie, pero temos que estar atentos tanto a ela como a outros insectos que poidan chegar», explica Otero González.



Aitana Lanzós 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 31-03-2019 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal