Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Seis axentes de Vigo participan en grandes competicións
A boa forma física é moi importante nalgunhas profesións coma as dos bombeiros ou a policía. Por iso o Corpo da Policía Nacional apoia e favorece a práctica do deporte. A Comisaría de Vigo, pode campar de ter seis axentes que participan en grandes competicións: remeiros, practicantes de trail ou de tríatlon.

Axilidade, disciplina e desconexión iso é o que lles aporta o deporte aos Policías Nacionais de Vigo que compiten en campionatos mundiais e nacionais. Vanessa fai tríatlon desde hai cinco anos e estará no vindeiro mundial.

Esmeralda xa perdeu a conta das medallas que ten, esta remeira é varias veces olímpica e foi quinta nun mundial. Nin a maternidade interrompeu a súa progresión.

Marcos Fernández que fai carreira de montaña notouno sobre todo unha vez. Tamén acumula medallas como remeiro Sergio Pérez.
Todos agradecen o apoio da agrupación deportiva da Policía Nacional que lles dá facilidades para participar nas concentracións e campionatos.

Lucía Alvarellos 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 31-03-2019 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal