Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONSTERNACIÓN EN ARES POLO FALECEMENTO REPENTINO DUN POLICÍA LOCAL

Vicente Peiro Gadea, valenciano de 43 anos, faleceu na noite do venres de forma repentina. Era policía local en Ares, concello ao que chegou en setembro do pasado ano en comisión de servizos, xa que tiña a súa praza en Miño. Casado e pai de catro fillos, o pequeno de tan só uns meses, conquistou deseguido o corazón dos seus compañeiros do Concello. Os funcionarios do Concello subliñan o seu carácter afable, a súa simpatía e amabilidade..O alcalde,tamén transmitiu desde as redes sociais o pesar pola súa morte e as condolencias á súa familia e achegados, do mesmo xeito que os funcionarios. Todos viviron unha xornada de consternación por este inesperado e tráxico falecemento.

Lucía Forneiro Meréns 4ºB

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-03-2019 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal