Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xi Jinping busca en Italia apoio para a nova Ruta da Seda
A primeira etapa da viaxe a Europa do presidente chinés, Xi Jinping, para promover a súa nova Ruta da Seda é Roma, onde onte foi recibido con todas as honras. Durante o seu primeiro encontro no palacio do Quirinal co presidente da República, Sergio Mattarella, o dirixente chinés prometeu «intercambios comerciais en dúas direccións» mentres eloxiaba a relación «sen conflito de intereses» con Italia . Ante as críticas e receos que suscita o proxecto da Ruta da Seda na Unión Europea, Xi sinalou que o seu obxectivo é «construír proxectos serios e cualificados» á vez que aumentan «os intercambios e os investimentos en ambos os sentidos».
Para Mattarella, a contribución italiana «é crucial», pero na súa intervención non se esqueceu de pór o acento na necesidade de protexer os dereitos humanos e de establecer «un debate construtivo sobre un tema tan relevante».
A xira europea de Xi ten lugar mentres se reúnen en Bruxelas , a proposta de París e Berlín, os 28 países da UE para acordar unha liña común contra Pequín no cume UE-China que se celebrará o 9 de abril.



Aitana Lanzós 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-03-2019 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal