Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mario Vargas Llosa na RAG
A Real Academia Galega e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán recibiron a visita do premio Nobel de Literatura Mario Vargas Llosa, que estes días se atopa na Coruña para participar nun seminario internacional sobre a súa obra na UDC.
Mario Vargas Llosa asinou no libro de ouro da RAG e mais no da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. "Foi moi emocionante visitar esta casa onde está tan viva a presenza de dona Emilia. Como modesto académico pídolle desculpas por non admitila na Real Academia da Lingua Española, á que honraría e e enriquecería a súa presenza", escribiu neste último.
Víctor F. Freixanes agasallou o escritor cun exemplar de Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos, da colección Clásicos da Academia; e e outro de Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas, coeditado pola RAG, a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia.




Lucía Alvarellos 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-03-2019 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal