Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Luís Enrique non ten un once fixo
O adestrador da selección española, Luís Enrique Martínez, recoñeceu que lle encantaría ter un "once fixo, sempre" en rolda de prensa previa ao partido contra Noruega, este sábado en Mestalla (Valencia), pero ao mesmo tempo advertiu de que esa procura é "un proceso longo".
"Vimos de tres fases finais moi lonxe de onde queriamos chegar, vimos de onde vimos. Encantaríame ter un once fixo sempre, pero é un proceso longo. Unha evolución non se fai nunha semana", recoñeceu o técnico ao ser preguntado por tantas novidades e cambios nas súas convocatorias.
"Agora empezan os partidos oficiais. Non hai probas, senón resultados. Pero seguirei probando, seguro", advertiu o asturiano, quen engadiu que confía nos 23 que convocou ante Noruega: "Escollín os que considero mellores para este partido. Encantaríame que desen un paso adiante e ter un bloque case feito, pero é irreal". "De onde vimos hai que crear unha nova selección", insistiu.
Luís Enrique non quixo facer comparacións co equipo que gañou a Eurocopa de 2008, preguntado polos eloxios do técnico de Noruega, Lars Lagerback: "É unha opinión e non estou aquí para rebatela. Se facemos comparacións coa selección que gañou dúas Eurocopas e un Mundial, saímos perdendo. A comparación faise coas de agora, e estamos igual que como cando chegamos ao cargo".



Rodrigo Míguez Fernández
1ºBACH B/Nº3


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-03-2019 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal