Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De vivir a guerra de Ruanda a levantar a primeira escola para os pigmeos.
Recoñece que o seu é de vocación tardía. Aos seus 80 anos, o pai Pablo Paniagua é historia viva da orde mercedaria. Natural de Carballiño, recoñece que a súa vida, dacabalo sempre de África e do mosteiro de Poio onde reside agora, «é unha aventura». Tras completar os seus primeiros anos para ser relixioso en Salamanca, en 1980 a solicitar permiso para ir de misións a África. O seu primeiro destino, Burundi, onde estivo seis anos ata que todos os estranxeiros foron expulsados «por un jefecillo que se fixo presidente». Non tardou en regresar ao continente negro, a Ruanda, «que tiña o mesmo problema étnico que Burundi entre os tutsi e os hutu».
Xa en España e sen ter transcorrido apenas tempo, Cáritas contacto co pai Paniagua propóndolle regresar ao que entón era o Zaire, hoxe a República Democrática do Congo, para asistir a catro campos que albergaban uns 65.000 refuxiados. Pablo Paniagua coñeceu entón a existencia dos pigmeos, unha etnia que os cameruneses tiñan como «pouco máis que uns animais» e que vivían practicamente á marxe da civilización e non existía escolarización.
Desde o mosteiro de Poio, onde reside, recorda como impulsou a construción duns barracóns que serviron de residencia e colexio para nenas pigmeas que nin francés sabían, só o seu dialecto. «Custoulles coller o ritmo, pero nuns meses chegaron a ser as primeiras de clase».



Aitana Lanzós 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-03-2019 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal