Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rino Russo simpsonear
Boas amiguiñXs
Hoxe vou ser breve.
Sabedes que son unha fan incondicional da serie dos Simpson. En reiteradas ocasións teño feito entradas neste blog sobre esta serie. Pois ben, hoxe vou falar dun artista italiano chamado Rino Russo que dibuxa e comparte nas redes sociais a famosos tal e como serían se se integraran nalgún episodio da popular serie norteamericana “Los Simpson”.
Rino Russo é un deseñador gráfico nacido en Italia, en Benevento, cidade das bruxas. A súa lenda é un pouco forte polo que se queredes saber máis, so tendes que facer unha búsqueda en internet.
Pero volvendo ao noso deseñador, direivos que na escola soamente lle interesaba unha folla e un lapis para debuxar. Así pasou os seus anos de infancia e adolescencia ata que tivo idade de traballar. Aquí viaxou a Nápoles onde unha pequeña empresa o contratou para facer o que máis lle gustaba, crear, ao mesmo tempo que aprendía. Tiveron que pasar cinco anos para que o contratase outra gran empresa, intrigada polo seu traballo e a forma en que o desenvolvía.
Non cabe nin que dicir que é un grande fanático dos cómics, debuxos animados, series de televisión, superhéroes o que implica a súa vez, ser un grande coleccionista.
De internet opina que goza usando internet de forma creativa e non se considera un escravo dela.
E preguntarédesvos:
Que ten que ver todo isto co feito de facer caricaturas de famosos dos Simpson. Pois ben, o seu primer Simpson naceu coma un xogo e sen grandes pretensións. Todos dedicados a Salvatore Esposito, o protagonista da serie de televisión “Gomorra”.
Agora tamén se dedica ás causas benéficas e podedes atopar famosos simpsoneados polos que por unha cantidade podedes axudar a unha boa causa.
Todas as creacións de Rino Russo podédelas ver no seu instagram:



Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A/Nº8
https://www.instagram.com/rino_russo_/?hl=es
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-03-2019 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal