Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Reino Unido homenaxea a Stephen Hawking cunha orixinal moeda conmemorativa
Pasou case un ano desde que o profesor Stephen Hawking faleceu aos 76 anos. Para honralo, a fábrica da moeda do Reino Unido, Royal Mint, emitiu este mércores unha serie de moedas de cincuenta centavos que conmemoran o seu pioneiro traballo sobre os buracos negros. O físico xa é parte da historia da ciencia, converténdose nun dos líderes máis recoñecidos no seu campo (a astrofísica). Agora Hawking únese a unha longa selecta lista de científicos que apareceron en moedas entre os que se atopan os xenios Sir Isaac Newton e Charles Darwin. "Quería colocar un gran buraco negro na pequena moeda e desexaría que aínda estivese aquí ríndose ante a idea", contou a deseñadora da moeda, Edwina Ellis en declaracións recollidas por BBC News.
Ellis buscaba reflectir a forma en que "fixo que os temas difíciles fosen accesibles, atractivos e fáciles de relacionar", como fixo cos buracos negros. Na presentación da moeda tamén estivo presente a filla de Hawking, Lucy, xunto ao seu irmán, Tim. "É un gran privilexio aparecer nunha moeda e espero que o meu pai estea orgulloso de estar xunto a Sir Isaac Newton e Charles Darwin", dixo Lucy.
Hawking, unha das mentes máis brillantes da ciencia do século XX e principios do século XXI, morreu o 14 de marzo de 2018 en Cambridge aos 76 anos. Ademais das súas investigacións sobre a expansión do Universo e os buracos negros, o británico adquiriu fama polos seus libros de divulgación científica, entre eles o superventas Unha breve historia do tempo, e en 2014 unha película, The Theory of Everything (A teoría do todo), narrou a súa vida.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-03-2019 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal