Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miles de mulleres secundan a segunda folga feminista en Galicia, que un ano máis se nota na conserva e o téxtil
O seguimento foi alto, segundo a CIG, en empresas como Friscos e Thenaisie Provote e tendas de Inditex

Miles de mulleres secundaron en Galicia a que é a segunda folga feminista convocada polo día internacional da muller, este 8 de marzo. Un ano máis, o paro notouse en dous sectores con ampla presenza feminina: o das conservas e o téxtil.

Na comarca do Salnés a folga foi secundada nas conserveiras Thenaisie Provote (O Grove) e Perez La Fuente (Vilanova de Arousa), cun 100% de seguimento, segundo os datos da central nacionalista CIG.

Noutras empresas como Serpeixe, Roma, Friscos, Cefrico, Antulo e Isabel, a incidencia foi, segundo sinala, "tamén bastante importante".
Mentres, en Pull&Bear nesta comarca o paro de mulleres é "total", e en Bershka ten un seguimento "moi elevado" de acordo cos datos que manexa a CIG.

En Ourense a folga está a ter "especial repercusión", segundo a organización, nas tendas do grupo Inditex e en Desigual, e en Lugo está a facerse notar "con especial incidencia" no centro comercial As Termas, con "elevado seguimento" entre as traballadoras do Eroski non cooperativistas e a tenda de Lefties pechada. En Carrefour, segundo as súas cifras, o 40% das traballadoras non entrou a traballar.
En Padrón, o 100% das traballadoras de Cortizo secundan a folga e no Barbanza o paro ten "especial relevancia" nas conserveiras Frinsa e Escurís e na empresa de conxelados López Soto.

Igualmente, as tendas de Oysho do centro comercial Marineda City e Catro Camiños permanecen pechadas, como as de Stradivarius de Marineda e Praza de Lugo, na Coruña.
En Santiago foron á folga "máis do 60% das traballadoras das tendas de Inditex do centro comercial As Cancelas, segundo os números da central, de maneira similar ás de Oysho e Stradivarius do centro.
En cadeas de supermercados como Alcampo e Froiz de Vigo tamén está a ter "un gran impacto" a folga e a CIG chama a atención sobre o caso de Allariz (Ourense), que amenceu "coa práctica totalidade dos centros de traballo e locais comerciais pechados".
Todo isto sumar ao "elevado" impacto que, de acordo coa súa información, tivo a convocatoria en sectores como a sanidade, a educación, os servizos sociais, os transportes e a industria.

UXT E CC.OO.
Pola súa banda, UXT e CC.OO., nun comunicado conxunto, congratulouse do "éxito" da folga, cun seguimento "masivo especialmente" en grandes empresas e administracións públicas.
Valora tamén que "non houbo incidencias subrayables" e agradece o "apoio maioritario" da sociedade galega, como "proba de que as reivindicacións do sindicalismo de clase, compartidas polo movemento feminista, son tamén maioritarias entre os galegos".

Ángela I. Baig 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2019 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal