Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A guerra invernal contra os lumes
Os incendios non entenden de tempadas. Son imprevisibles. Nuns días nos que o termómetro chegou a marcar nove graos baixo cero nalgúns puntos de Galicia, o lume asomou en montes de concellos ourensáns como Viana do Bolo (2.929 habitantes), Chandrexa de Queixa (466), A Mezquita (1.039) ou nos pontevedreses de Cercedo (1.781 habitantes, segundo o último dato do padrón rexistrado no 2017) e Cotobade (4.290, tamén no 2017).Precisamente polo fortuíto que pode resultar o seu ataque, non debe de haber tregua na loita contra as chamas. Maderistas, propietarios que viven do monte e enxeñeiros que estudan o sector forestal coinciden en que os plans de prevención han de durar todo o ano. Nesa guerra contra as chamas cada estación ten a súa estratexia. «Manter tanto as devasas como as pistas limpas de matogueira é moi importante á hora de previr incendios, do mesmo xeito que ter limpas as propiedades ou realizar pódaa correspondente das árbores», coincide tamén a enxeñeira forestal e profesora da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago (USC), Ana Daría Ruiz.

Aitana Lanzós 2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-03-2019 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal